Asociación

A asociación formámola arredor dunha trintena de persoas, mulleres e homes, novos e maiores, que cada tarde, desde principios de setembro, dedican unhas horas, sempre despois da xornada laboral de cada un para montar este belén cuxa apertura espera ansiosa toda Valga o primeiro domingo de decembro.

Nunha gran sala, chea de materiais, están as persoas que se encargan do traballo fino, confeccionando as figuras que compoñerán o belén. Arames, xornais, pasta de modelar e moitas teas, son a materia prima básica para dar forma aos personaxes que poboan o nacemento. Mentres, noutra sala, traballan os que lle darán forma á estrutura sobre a que se asentará o belén e nos motores das pezas con movemento.

Contamos, ademáis, cun foso en cuxas entrañas se esconde toda esa maquinaria que non se ve, pero que resulta imprescindible para que o belén artesanal en movemento responda, con corrección, ao seu nome.

Por último, están os carpinteiros. Un completo equipo que se encargan de construír as casas, as pontes, etc. Sen esquecernos dos electricistas e programadores que son os que conseguen que ao final todas as pezas se movan coordinadas.

Membros da Asociación

Ir o contido