A TÓMBOLA SOLIDARIA DO BELÉN PECHOUSE CUNHA RECADACIÓN DE 5.853 EUROS PARA A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO

– Onte repartíronse os últimos agasallos que quedaran pendentes da fin de semana

– Media ducia de centros educativos de distintas zonas de Galicia visitaron esta semana o nacemento

Valga, 23 de decembro de 2022.

A tómbola solidaria organizada pola asociación Amigos do Belén pechouse onte cunha recadación total de 5.853 euros, unha cantidade que será doada á Asociación española contra o cancro.

Esta acción benéfica desenvolveuse durante a pasada fin de semana, cando se puxeron en xogo case douscentos regalos doados por veciños, casas comerciais e entidades de Valga e doutras vilas da contorna co obxectivo de xuntar fondos cos que contribuír a financiar a actividade da AECC, unha organización sen ánimo de lucro formada por doentes, familiares, voluntarios, colaboradores e profesionais que traballan para diminuír o impacto causado polo cancro e mellorar a calidade de vida das persoas, acompañando e apoiando aos enfermos e promovendo a investigación.

Durante a fin de semana xuntáronse un total de 5.390 euros e onte pola tarde retomouse a tómbola para poñer en xogo os últimos agasallos que quedaban sen repartir, entre eles unha televisión, varios xamóns, unha cesta de Nadal… Amigos do Belén conseguiron recadar outros 463 euros a través da venda de boletos, que podían adquirirse por tres euros.

Skip to content