COLEXIOS DE DIFERENTES LOCALIDADES GALEGAS VISITARON NAS ÚLTIMAS SEMANAS O BELÉN ARTESANAL

– Viveiro, Santiago, Oroso, Pontevedra e diferentes vilas do Salnés e o Ullán foron as procedencias das excursións

– Tamén pasaron por Campaña varios centros de día e outras entidades sociais e culturais

Valga, 27 de decembro de 2023.

Entre a multitude de visitas que acumula o Belén Artesanal en Movemento dende que se inaugurara, o pasado 3 de decembro, a súa edición vixésimo novena, atópanse as de numerosos centros educativos de distintas zonas de Galicia que incluíron unha parada no nacemento de Campaña como complemento á súa actividade lectiva.

Nenos dende as idades máis cativas de Educación Infantil ata mozos de Secundaria pasaron polo Belén en excursións organizadas realizadas fóra do horario habitual de apertura. Os últimos, hoxe mesmo, os raparigos da Escola Infantil Municipal de Valga, que acudiron coas súas mestras para pasar unha mañá divertida vendo as figuras que forman parte da montaxe e, especialmente, coa parte do nacemento dedicada a público infantil, con todos os seus personaxes preferidos.

Dos centros educativos locais tamén o CRA de Valga e o CEP Xesús Ferro Couselo desprazaron a todo o seu alumnado para ver o Belén e dende o concello veciño de Pontecesures achegáronse tamén os cativos da Escola Infantil e 70 rapaces de Infantil e Primaria do colexio.

Skip to content